Et Suseia Danza fúndase a finais do 2021 despois da unión de sinerxías entre o baile tradicional e a danza contemporánea, máis concretamente no comezo de colaboración entre Gustavo Couto e Diego Landín, director do Ballet de Galicia.
Adoptamos o nome da nosa compañía dun saúdo de ánimo entre peregrinos/as que traducido significa “Imos alá” ou “Máis alá”. Xusto por iso, creemos que o noso nome é un fiel reflexo do que pretendemos facer, ir máis alá no mundo da danza e mesturando tradición con modernidade.
O noso traballo fundaméntase na necesidade de unir dous estilos de danza, a tradicional galega e a contemporánea, para expresar emocións, sentimentos e sobre todo buscar unha mirada crítica da nosa sociedade a través da danza.
Porque a verdadeira tradición non emana do pasado, nin está no presente, nin se albisca no porvir; non é serva do tempo.
A tradición é a alma eterna de Galiza, que vive no instinto popular e nas entrañas graníticas do noso chan.
A tradición non é a Historia.
A tradición é a eternidade
Se queres saber máis sobre o noso traballo, colaborar ou levar un espectáculo ao teu espazo, escríbenos.