← Espectáculos

Só para colexios e institutos

Erguerseunha danza contra o bullying

Proxecto artístico e educativo que usa a danza tradicional e contemporánea para abordar o bullying, dende o corpo e a expresión emocional.

ERGUERSE é un proxecto artístico e educativo que utiliza a danza tradicional e contemporánea como linguaxe para abordar o bullying, dende o corpo e a expresión emocional.

Pretende concienciar a través da danza das consecuencias emocionais e sociais do bullying. As actividades de mediación propoñen un espazo seguro, onde o alumnado pode comprender mellor o fenómeno do bullying, recoñecer emocións no propio corpo e no dos demais, e descubrir a arte como ferramenta para falar, transformar e “Erguerse”.

A peza percorre as diferentes etapas que atravesa unha persoa que sofre acoso: o medo, a humillación, a culpa, o silencio… pero tamén a esperanza, a transformación, o empoderamento final, e a busca dun espazo coidado onde se atopa a propia voz e forza interior.

Sesión 1 · Mediación co alumnado

Que sente o corpo?

Dinámica para identificar emocións e como se manifestan no corpo. O guía propón emocións clave no espectáculo (medo, inseguridade, rabia, esperanza, liberación) e cada participante debe expresalas co seu corpo, o máis libremente posible.

Obradoiro creativo

Creación dunha coreografía co alumnado que lles permitirá participar na escena final do espectáculo. Incluiranse elementos do baile tradicional (paso, ritmo, palmas, percusión corporal) e movementos de danza contemporánea. A coreografía transmitirá transformación e forza colectiva.

Sesión 2 · Función

Representación

Representación do espectáculo pola compañía no centro educativo e coa participación do alumnado participante no obradoiro anterior.

Encontro co elenco

Actividade de mediación artística a través dunha charla cos artistas, onde poderán entender os obxectivos da compañía na creación do espectáculo. Reflexión sobre a tradución dos sentimentos e emoción en danza. Rolda aberta de preguntas.

Imaxes

Fotografías

Programación

Queres levar Erguerse ao teu centro educativo?

Dirixido exclusivamente a colexios e institutos. Escríbenos e contámosche todos os detalles.

Ver taménO que non se veSala / escenario →