Et Suseia DanzaDanza tradicionale contemporáneaen diálogo

Bailarinas con traxe tradicional galego e percusión en escena en "O que non se ve"
Equipo da compañía Et Suseia Danza xunto ao cartel da compañía
Quen somos

A Compañía

Et Suseia Danza fúndase a finais do 2021 despois da unión de sinerxías entre o baile tradicional e a danza contemporánea, máis concretamente no comezo de colaboración entre Gustavo Couto e Diego Landín, director do Ballet de Galicia.

Adoptamos o nome da nosa compañía dun saúdo de ánimo entre peregrinos/as que traducido significa “Imos alá” ou “Máis alá”. Xusto por iso, creemos que o noso nome é un fiel reflexo do que pretendemos facer, ir máis alá no mundo da danza e mesturando tradición con modernidade.

O noso traballo fundaméntase na necesidade de unir dous estilos de danza, a tradicional galega e a contemporánea, para expresar emocións, sentimentos e sobre todo buscar unha mirada crítica da nosa sociedade a través da danza.

Gústanos tomar prestadas unhas verbas de Castelao, por pensar que é o xeito máis apropiado de entender a nosa compañía:

Porque a verdadeira tradición non emana do pasado, nin está no presente, nin se albisca no porvir; non é serva do tempo. A tradición é a alma eterna de Galiza, que vive no instinto popular e nas entrañas graníticas do noso chan. A tradición non é a Historia. A tradición é a eternidade.

— Castelao
Repertorio

Espectáculos

Sala / escenario

O que non se ve

Unha viaxe cara ao invisible, ao que permanece oculto pero sostén o que somos.

  • Mellor valorado polo público · Compostela Cultura 2023
  • Seleccionado · Outono das Artes 2024
Ver ficha

Espazo público e lugares non convencionais

O que non se ve “na rúa”

O que non se ve trasládase ao espazo público e lugares non convencionais como unha experiencia próxima e viva, onde o cotián se transforma en escena.

Ver ficha
En movemento

Vídeos

Máis na nosa canle de YouTube
Promo · O que non se ve
Teaser I
Teaser II
Datas

Axenda

Próximas funcións da compañía.

Leva o espectáculo ao teu espazo
  1. O que non se ve

    Auditorio · Marín

  2. O que non se ve

    Auditorio Municipal · Vigo

Últimas funcións

  1. O que non se ve

    La Térmica Cultural · Ponferrada

  2. O que non se ve

    Danzade · Compostela

  3. O que non se ve

    Huesca

Novas datas en peche

Imaxes

Galería

Falamos?

Contacto

Se queres saber máis sobre o noso traballo, colaborar ou levar un espectáculo ao teu espazo, escríbenos.