← Espectáculos

Sala / escenario

O que non se ve

Unha viaxe cara ao invisible, ao que permanece oculto pero sostén o que somos.

"O que non se ve" é unha obra con mirada social e cultural potente, que utiliza os corpos e a música para amosar o que ás veces queda invisible.

Representa a través da danza a forza e a loita da muller na sociedade actual. Pon no punto de mira, diferentes micro machismos que conviven no noso día a día.

Unha mestura de danza tradicional e contemporánea, que pretende mostrar o que existe debaixo das vestimentas tradicionais e no interior das mulleres do noso país. Conexión entre tradición e actualidade, mostrando que o baile tradicional pode dialogar cas formas contemporáneas. Con esta obra, imos un paso máis alá (Et Suseia), para conxugar estilos moi diferentes, pero á vez moito en común.

Aportamos tamén unha nova sonoridade nas melodías que acompañan o espectáculo, e mergullándonos na percusión tradicional pero enfocándoa cara un aspecto máis actual. Tamén mudamos as letras das melodías, facendo letras propias, nas que amosamos o poder da muller na tradición oral.

Coreografías creadas dende contemporaneidade da danza, e mesturadas co son da música de tradición oral, onde se identifica a enerxía das mulleres do rural galego.

  • Espectáculo de danza mellor valorado polo público na programación de Compostela Cultura (2023)
  • Espectáculo seleccionado para o programa “Outono das Artes” da Deputación da Coruña (2024)
Vídeo promocional

Velo en movemento

O que non se ve — vídeo promo ↗

Imaxes

Fotografías

Programación

Queres levar O que non se ve ao teu espazo?

Escríbenos e contámosche todos os detalles.

Ver taménO que non se ve “na rúa”Espazo público e lugares non convencionais →