Espazo público e lugares non convencionais
O que non se ve“na rúa”
O que non se ve trasládase ao espazo público e lugares non convencionais como unha experiencia próxima e viva, onde o cotián se transforma en escena.
O que non se ve trasládase ao espazo público e lugares non convencionais como unha experiencia próxima e viva, onde o cotián se transforma en escena.
A peza invita ao público a deter a mirada no invisible: nos xestos mínimos, nas accións que adoitan pasar desapercibidas e nas historias que habitan os lugares comúns.
Sen a barreira do escenario tradicional, o espectáculo constrúese no encontro directo coas persoas e co entorno, facendo do espazo urbano ou non convencional parte esencial da dramaturxia. O visible e o oculto mestúranse nun xogo poético que revela novas lecturas da realidade compartida.
Incorpórase á versión exterior a escenografía feita por Lara Caeiro, onde conseguimos un espazo sagrado, un ritual que erixe un círculo de memoria e resistencia. As columnas, muros e pedestais actúan como testemuñas silenciosas das historias invisibles das mulleres, unha mulleraxe profunda ás que foron, ás que son e ás que virán.
A intención é crear un altar contemporáneo, un espazo onde a danza e a memoria se entrelazan para reivindicar a presenza e o legado das mulleres.







